TEMOS ALGO QUE CONTAR

4719573-la-gran-pila-de-periodicos-viejos-negocios (2)

Ao día de hoxe miras os xornais, e ves como o home foise afastando pouco a pouco dos lazos que o mantiñan en pé, ves como países se derruban coas opresións dun sistema imposto, tanto no exterior, coma nesta terra, que degradada vemos como os problemas aumentan, e non só dende a perspectiva do adulto.

Como estudantes nos damos conta que nos achegamos a un panorama de desconcerto causado por uns e por outros.

Neste proxecto intentamos expresar ese nó na garganta, a falta de liberdade, pero tamén as diferenzas, incomprensións e os múltiples conflitos que presenta a sociedade e o ser humano, todo iso queremos dicir, e o máis importante é que eses problemas que se presentaron e se nos presentan, se solucionan ao aceptar a nosa igualdade absoluta como persoas, a unión xerada por nós e a nosa busca constante dun mundo mellor.

Recoñezo que é moito que dicir e dispoñemos de poucas palabras, pero se algo aprendín no medio audiovisual é que cunha imaxe xa contamos unha historia, e entregamos un concepto ao espectador, non podes contar un conto se non tes que contar nada.

Somerxémonos neste mar, temos unha tormenta, mil posibilidades de salpicar o público das nosas propias gotas, dos nosos sentimentos e emocións, espero mollarvos un pouco.

RAFAEL REY DOMECH

3 thoughts on “TEMOS ALGO QUE CONTAR

  1. O dicir que con solo unha imaxe se pode contar unha historia é bastante curioso e interesante pero, ¿como sabes cando atopas a imaxe correcta para que a xente poda entender ao vela?

  2. Pode parecer un traballo difícil, de feito o é, pero hai que estar agradecido posto que poucas persoas poden ter a experiencia de que algo que surde da imaxinación, poda chegar a ser algo máis que unha simple idea

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s