DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA

blog fotografia

Falando en nome de tódolos directores de fotografía noveis deste proxecto, quero explicar que é o que estamos facendo e o que estamos aprendendo.

Actualmente, mentres os respectivos guionistas e directores de cada grupo escriben o guión, nos estamos aprendendo a usar a cámara.  Son cousas básicas e necesarias para poder gravar como saber  utilizar un trípode, que é o balance de brancos, controlar a luz, aprender a gravar diferentes tipos de planos,  controlar o enfoque  e moitas outras cousas.

Para poder poner en práctica esta series de aprendizaxes, estamos a gravar fóra da aula unha serie de planos  e incluso unha moi pequena curta.

Persoalmente, o que estamos aprendendo era totalmente descoñecido para min. Eu pensaba que era capaz de gravar unha curta sen saber o que era por exemplo o balance de brancos (algo que antes soábame a chino) , e que é moi importante. Penso que a nosa parte e moito mais divertida que a dun guionista ou un director, que estan na clase facendo o guión, mentres que nos podemos estar fóra gravando e aprendendo cousas novas cada día.

IAGO MOSQUERA

14 thoughts on “DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA

    • Pois si, principalmente para saber en que toma estamos e que sexa moito mais fácil de montar para os directores de montaxe.

  1. Eu persoalmente penséi en dedicarme a algo relacionado co audiovisual xa que me parece máis que unha asignatura unha forma de contar cousas libremente mediante imáxes e sons.

  2. O balance de brancos consiste en igualar todas as cores para que non predomine unhas sobre outras o que daría lugar a unha imaxe extraña e pouco natural.

  3. Pois si, vamos polo menos, o que temos que saber nos non, supoño que as tarefas que teñen que facer os directores de fotografia profesionais terá algo mais de dificultade

Deixa unha resposta a Iago García Piñeiro Cancelar a resposta