IGUALDADE

Podes pensar que o desenvolvemento dunha curtametraxe é moi sinxelo, pero non. Para desenvolver unha curta fai falla un guión esencial, que é o que estamos a traballar o meu compañeiro Rafael e eu. Ao desenvolver este guión tivemos que poñernos  no corpo dos personaxes e pensar en como serán os sentimentos , problemas e circunstancias que viviran ao longo da curtametraxe. Tivemos que crear  varios argumentos do guión nos cales cambiamos, escribimos, pensamos ata que finalmente o desenvolvemos. Despois dividimos o traballo, cada un escribiu unha escea do guión, que pertence ao noso personaxe  e finalmente matizámolo.

A experiencia de escribir un guión é realmente emocionante, pero ao mesmo tempo agotadora, porque tes que pensar en como expresar todo o que tes na mente (sentimentos e emocións de cada personaxe) e como introducir no guión os dialogos máis importantes que expresen as emocións dos personaxes en poucas palabras.

Nesta curtametraxe ides experimentar as distintas sensacións, sentimentos e circunstancias aos que son expostas as diferentes persoas para chegar ao que eles consideraban o mundo das oportunidades e unha vez alí para cumprir todo o que ata agora lles foi negado. O noso personaxe é unha muller que ao vivir nunha sociedade patriarcal non pode desenvolver o seu proxecto vital.

IGUALDAD02

TANIA BARROS

7 thoughts on “IGUALDADE

  1. Agora mesmo podemos decir que xa non hai tanta discriminación coa muller afortunadamente, polo menos no noso país. Pero non sempre é así. Tamen hai xente que ás veces lle chama machismo a cousas, eu creo, sen importancia, é dicir, que é máis algo de costumes ou que mesmo o escollemos nós, as mulleres. Que opinades respecto a iso? Pódese dar que a veces se fale de “machismo” cando non o é?

    • Non, o que pasa é que estamos tan afeitos a convivir con certos ideais machistas, que os aceptamos e non deberíamos facelo aínda que non nos decatemos o día a día está cheo de comentarios, accións, etc. machistas (por moito que sexan costumes que lles dean aos costumes) que nin sequera as filtramos como malas. Non obstante, hai persoas ás que nos molesta moito este tipo de comentarios. O machismo persistiu dende o inicio dos tempos, non vai a desaparecer así como así, iso é só o que queremos creer

  2. Tes moita razón escribir un guión e moi duro sufrese,podes quedar bloqueado pero despois pensas na satisfación ao acabalo.Seguramente e un dos traballos mais duros pero o teu traballo e esencial e os teus compañeiros dependen de ti.Para facer un guion ai que ter moita creatividade espero que voso traballo sexa tan bo como o espero eu e gustariame ver o voso traballo un saudo.

  3. Todas as función son difíciles pero estou moi segura de que vai a saír moi ben porque cada un estase a esforzar moito no que lle toca facer.

  4. Moitas grazas por seguir o noso caderno de rodaxe, respecto aos comentarios, ao igual que vos espero que todo este traballo que estamos a realizar eu e mais os meus compañeiros saia fenomenal e a principios de xuño poidades disfrutar dunha curta interesante e moi emocionante. E como e obvio non vou desvelar ningún acontecemento da curta,porque entón xa perderiadelo interese e a intriga.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s