O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA INCORPÓRASE AO PROXECTO

A dirección e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela acolleron con entusiasmo a proposta de Aturuxo Films de incorporarse ao proxecto da curtametraxe que está a facer o alumnado de 4º ESO da materia optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais. Como podedes imaxinar o seu traballo vai consistir na composición, interpretación e gravación da música da banda sonora. Alumnado de 3º de grao profesional vai ser o encargado de por a emoción musical coordinados e dirixidos polo seu profesor Ramón Cabezas.

Deste xeito iniciamos unha nova aventura de colaboración  entre  o alumnado e o profesorado de dous centros públicos que unen as súas forzas pedagóxicas e creativas.

Agradecer de novo o entusiasmo mostrado polo proxecto e xa sabedes chic@s ¡a seguir traballando!.

SERGIO CLAVERO

Responsable de Aturuxo films

6 thoughts on “O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA INCORPÓRASE AO PROXECTO

  1. Ola! Isto é xenial, é una moi boa nova para o instituto; cousas asi non se ven todos os días nos institutos.Teño moitas ganas de ver o traballo que estan a facer!!!!

  2. Noraboa a todos os alumnos que participan neste proxecto! Teño moitas ganas de ver todo ese esforzo nas curtametraxes, xa que imos ser os primeiros en velas. Seguide traballando así!!!

  3. Fenomenal, quero dar a noraboa polo voso traballo e procurei por algunhas páxinas web doutros instituto e non vin nada igual. Continuade co voso fantástico traballo!!!

  4. Ola! Isto paréceme moi interesante. Oportunidades así non se teñen todos os días…:) Ese traballo ten que ser moi chulo, espero poder velo!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s