PRÁCTICAS FOTOGRAFÍA E EDICIÓN

Os directores de fotografía fixemos unhas pequenas curtas partindo do argumento “un alumno sae da clase correndo”. Tivemos que decidir os planos a rodar para contar a historia cunha intencionalidade, misterio, suspense, terror, humor… A finalidade do exercicio era aprender o manexo da cámara e intentar contar con imaxes e sons un argumento. Finalizada a rodaxe foi o turno dos técnicos de montaxe de cada grupo para, con ese material, dar forma a historia traballando especialmente o son. A experiencia foi divertida e moi fructífera porque axudounos a controlar máis o programa de edición e a traballar máis o son. Esperamos que cada un dos traballos  transmita as sensacións e emocións previstas.

IAGO MOSQUERA, OLALLA SUÁREZ, PABLO MUÑOZ e Fco. JAVIER MÉNDEZ

11 thoughts on “PRÁCTICAS FOTOGRAFÍA E EDICIÓN

  1. O que máis me gusta a min é o vídeo do grupo D pola presentación do movemento e do son,porque da a impresión de que se asustou ao abrir a porta.

  2. Os catro están moi ben sen duda algunha pero se tivera que escoller escollería o do grupo B,pola cara que pon ao ver a través da porta e pola música.

  3. A mín dos catro o que máis me gustou foi o do grupo D pola maneira de gravalo cando baixa as escaleiras. Se en bargo, o do grupo B gustoume máis en canto á cara que pon.

Deixa unha resposta a Brais Pereiras Miranda Cancelar a resposta