Cando o montaxe está na súa fase final chega o momento de pensar na exhibición. Todo o esforzo creativo na produción da curta non ten sentido se non chega aos espectadores, polo tanto, é necesario promover a súa exhibición e deseñar en primeiro lugar o cartel que visibilice a obra. Ten que ser atractivo, dar algunha información sobre a curta e xerar expectación no espectador. Esperamos que o noso o consiga.