ATURUXO FILMS obtivo o Premio ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL que outorga o Ministerio de Educación a través do ICAA na modalidade de secundaria por “o seu carácter pedagóxico e a gradación paso a paso do traballo en equipo, valorando positivamente o seu carácter ambicioso”.
O proxecto educativo de creación audiovisual ía acompañado da curtametraxe PERSOAS creada polo alumnado de 4º ESO na materia optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais e en cuxa produción colaboraron o grupo de teatro CHÉVERE coa interpretación dos personaxes e o Conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela do que son alumnos Sandra Galera compositora da música e os seus intérpretes e onde se realizou a gravación.
Parabén a Rafa, Lara, Tania, Carlos, Olalla, Andrea, Alex, Eduardo, Iago, Jessica, Daniel, Nicolás, Javier, Inés, Brais, Pablo, Alejandro,Tobías, Sandra, Teresa, Lorena, Pablo, Arturo e Álvaro, a todo o profesorado que colaborou dende o CMUS e o IES de Cacheiras e aos compoñentes de Chévere.