A curtametraxe PERSOAS do IES de Cacheiras acada un novo recoñecemento, o Premio Peleón no Festival Audiovisual OLLOBOI nunha gala celebrada o sábado 30 de maio na Casa da Cultura de BOIRO.
Este novo premio súmase á proxección da curta como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.
Parabéns de novo a Rafa, Lara, Tania, Carlos, Olalla, Andrea, Alex, Eduardo, Iago, Jessica, Daniel, Nicolás, Javier, Inés, Brais, Pablo, Alejandro,Tobías, Sandra, Teresa, Lorena, Pablo, Arturo e Álvaro, a todo o profesorado que colaborou dende o CMUS e o IES de Cacheiras e aos compoñentes de Chévere polo excelente traballo.
Parabéns a todos!!!
Apertas!