Persoas segue o seu percorrido por diferentes festivais nacionais e internacionais. Nesta ocasión foi seleccionado finalista no IV Festival de Cine Infancia e Adolescencia de Bogotá (Colombia).
É un festival de cinema independente cuxo obxectivo fundamental é promover unha Infancia e unha Adolescencia visible e plena de dereitos e deberes a través da construción audiovisual. A convocatoria ten por obxecto reunir e exhibir a produción audiovisual de calidade, tanto nacional como internacional, dirixida ao público infantil e adolescente.
Vai ser proxectado no Museo de los Niños Colsubsidio e na Biblioteca Pública Gabriel García Márquez de Bogotá dirixida ao público adolescente de 15 a 17 anos entre o 19 e o 23 de outubro.