PREMIO OLLOBOI

A curtametraxe PERSOAS do IES de Cacheiras acada un novo recoñecemento, o Premio Peleón no Festival Audiovisual OLLOBOI nunha gala celebrada o sábado 30 de maio na Casa da Cultura de BOIRO.

20150530_20371820150530_182941

Este novo premio súmase á proxección da curta como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.

Parabéns de novo a Rafa, Lara, Tania, Carlos, Olalla, Andrea, Alex, Eduardo, Iago, Jessica, Daniel, Nicolás, Javier, Inés, Brais, Pablo, Alejandro,Tobías, Sandra, Teresa, Lorena, Pablo, Arturo e Álvaro, a todo o profesorado que colaborou dende o CMUS e o IES de Cacheiras e aos compoñentes de Chévere polo excelente traballo.

B27C11F1

ESTREA

Tras moitos meses de produción e traballo cooperativo de alumnado de 4º ESO e alumnado do CMUS de Santiago xa temos a curtametraxe lista para a estrea. Agora esperamos a vosa presenza para dar sentido a todo o esforzo coas vosas reaccións e valoracións.

DATAS:
MARTES 27 DE MAIO NO LOCAL SOCIOCULTURAL DA RAMALLOSA ÁS 19.00 HORAS
MÉRCORES 11 DE XUÑO NO CGAC EN SANTIAGO ÀS 20.00 HORAS

Agardamos contar coa vosa presenza
PERSOAS

PREMIO EN CINEMA JOVE

O xurado do Encontro Audiovisual de Xóvenes do Festival Internacional de cine CINEMA JOVE  de Valencia otorgou á experiencia de formación e creación audiovisual ATURUXO FILMS, a través da curtametraxe SPOTS SOCIAIS, o PREMIO de Cuadernos de Pedagogía CISS PRAXIS. Este premio destaca á labor docente do seu profesor responsable Sergio Clavero e o excelente traballo do alumnado participante neste proxecto pola dedicación e apoio á producción audiovisual.

x

Aproveito para agradecer o traballo de tódolos profesores e alumn@s que participan e colaboran con este proxecto educativo e a todos aqueles que prestaron a súa calidade interpretativa nas numerosas curtametraxes feitas.

NORABOA A TOD@S

PERSONNE EN MARSEILLE

Como xa sabedes a nosa curtametraxe parte do mesmo argumento ca obra teatral Personne representada en Marsella en  maio polo grupo de teatro do IES Cacheiras dentro do Programa COMENIUS L´Europe en six actes. O autor teatral foi Rafael Rey, alumno de 4º ESO, que tamén participa na creación da versión cinematográfica na optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais.

A representación da obra foi todo un éxito e obtivo unhas estupendas críticas dos espectadores. Quero felicitar a tódolo equipo técnico pola súa profesionalidade e aos actores e actrices pola súa excelente interpretación.

Aquí tedes a gravación da representación de Personne en Marsella.