GRAVACIÓN DA MÚSICA

Xa está finalizada a gravación da música composta por Sandra Galera para a curtametraxe Persoas. Realizouse no Conservatorio profesional de música de Santiago con alumnado do devandito centro e o control técnico do profesor Xosé Antonio Rodríguez. Ás guitarras Álvaro García e Arturo Juiz, nos clarinetes Teresa Jareño e Lorena Rodríguez, na percusión Pablo Fernández e ao piano Sandra Galera. Extraordinaria a profesionalidade de todos eles e a calidade das interpretacións. Agora queda integrala coas imaxes e sons da curta para culminar o traballo de meses de produción. Atentos ás datas da estrea.

Conservatorio Profesional de Música de Santiago

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela acolle con entusiasmo a invitación de Aturuxo Films para incorporarse ao seu proxecto de creación audiovisual, colaborando desde este ano na curtametraxe PERSOAS, sendo  a alumna do centro Sandra Galeras quen realice a banda sonora que interpretarán tamén alumnos do centro. Deste xeito comeza unha interesante colaboración co Instituto Cacheiras, que se enriquecerá para o vindeiro curso ca implicación no proxecto da nova materia optativa que se ofertará no centro, Música e cine. Agradecementos a Sergio Clavero pola súa iniciativa e dedicación ao proxecto, mais por todos os premios e resultados acadados cos seus alumnos/as.

Alejandra Escolante. Vicedirectora CMUS Santiago

_dsc6829 (2)