PREMIO EN BEGIRADAK FESTIVAL DE DONOSTIA

Un novo recoñecemento ao traballo dos creadores de PERSOAS nesta ocasión no I Festival Internacional Las otras Miradas – Begiradak Festival de Donostia co Premio ao Mellor Curtametraxe en Linguas Minoritarias. Un festival que quere dar espazo ao cine realizado por persoas ou colectivos que, sen ser profesionais, realizan obras audiovisuais como ferramenta de expresión. Persoas foi proxectado o sábado 28 no espazo cultural Tabakalera de Donostia.

Ata agora a curtametraxe Persoas foi seleccionado e proxectado en Cinema Jove de  Valencia, Ouff Escola de Ourense, Festival Internacional de Cinema de Ponferrada, Festival Olloboi de Boiro, Plural Plus de Nova York (EEUU), Festival Internacional Ko&dixital de Barcelona, Certame No te Cortes de Madrid, International Youth Filme Festival Plasencia, Festival Cinema Infancia e Xuvenil de Mérida (Venezuela), Selectiva Única de Barcelona, Festicortos de Córdoba (Argentina), Festival de Cinema para a Infancia e Adolescencia de Bogotá (Colombia),  Begiradak Festival de Donostia e próximamente vai ser proxectado en La Habana (Cuba). E obtivo premios nos festivais en negrita.

12313883_769530283169153_1327662220001917158_n

FINALISTA FESTIVAL CINE INFANCIA E ADOLESCENCIA DE BOGOTÁ

11752437_902547663145399_2472039323946827064_n

Persoas segue o seu percorrido por diferentes festivais nacionais e internacionais. Nesta ocasión foi seleccionado finalista no IV Festival de Cine Infancia e Adolescencia de Bogotá (Colombia).

É un festival de cinema independente cuxo obxectivo fundamental é promover unha Infancia e unha Adolescencia visible e plena de dereitos e deberes a través da construción audiovisual. A convocatoria ten por obxecto reunir e exhibir a produción audiovisual de calidade, tanto nacional como internacional, dirixida ao público infantil e adolescente.

Vai ser proxectado no Museo de los Niños Colsubsidio e na Biblioteca Pública Gabriel García Márquez de Bogotá dirixida ao público adolescente de 15 a 17 anos entre o 19 e o 23 de outubro.

PREMIO OLLOBOI

A curtametraxe PERSOAS do IES de Cacheiras acada un novo recoñecemento, o Premio Peleón no Festival Audiovisual OLLOBOI nunha gala celebrada o sábado 30 de maio na Casa da Cultura de BOIRO.

20150530_20371820150530_182941

Este novo premio súmase á proxección da curta como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.

Parabéns de novo a Rafa, Lara, Tania, Carlos, Olalla, Andrea, Alex, Eduardo, Iago, Jessica, Daniel, Nicolás, Javier, Inés, Brais, Pablo, Alejandro,Tobías, Sandra, Teresa, Lorena, Pablo, Arturo e Álvaro, a todo o profesorado que colaborou dende o CMUS e o IES de Cacheiras e aos compoñentes de Chévere polo excelente traballo.

B27C11F1

FINALISTAS NO INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL

Do 19 ao 22 de marzo asistimos como finalistas con Persoas ao International Youth Film Festival de Plasencia co obxectivo de participar nun encontro onde compartir experiencias relacionadas coa formación audiovisual.

Iago e Brais conviviron con mozos procedentes de Serbia, Grecia, Holanda, Indonesia, Noruega, Croacia, Australia, Corea do Sur, Alemaña, Slovenia, Arxentina, México, Austria, Italia, Inglaterra e, por suposto, España.
Nesta excelente experiencia puideron ver numerosas curtametraxes dos participantes, asistir a talleres relacionados co cine como Stop Motion, maquillaxe, historia cinematográfica, efectos… coñecer Plasencia e Cáceres e gozar desta compañía tan internacional. De volta vía Madrid tivemos tempo de visitar o Museo do Prado e pasear polas súas rúas.

11055383_10205645636119104_5342806110822064537_n

IMG_2732

IMG_2735

PREMIO DO PÚBLICO

head_logo_ntc

PERSOAS acada o PREMIO do PÚBLICO do Certame NO TE CORTES de creación audiovisual organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez e a Fundación VOCES. Anteriormente fomos finalistas no premio do xurado deste certame.

Moitas grazas pola vosa participación para acadar máis de 1.200 votos e máis de 1.000 reproducións da curta Persoas.

1º PREMIO OUFF ESCOLA

A curtametraxe PERSOAS gañou o primeiro premio do Certame Ouff Escola 2014 nunha gala celebrada esta mañá no Auditorio Municipal de Ourense onde, ademais, se proxectou a curta ao público asistente. Recolleu o premio o profesor Sergio Clavero xunto ao alumnado do proxecto educativo ATURUXO FILMS en representación dos autores que non puideron acudir ao acto.

141119_ouffescola_11_prensa_1

Este premio súmase á extraordinaria noticia recentemente coñecida da súa selección nun festival de cine profesional para a súa proxección este venres 21 de novembro no Festival Internacional de cine solidario de Barcelona.

Tamén foi proxectado no Festival Internacional de cine de Ponferrada e no Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

NORABOA

FINALISTAS NO FESTIVAL PLURAL + DE NEW YORK

A curtametraxe PERSOAS foi seleccionada finalista no PLURAL + YOUTH VIDEO FESTIVAL da ONU en NEW YORK entre máis de 200 obras de todo o mundo. Os obxectivos xerais deste festival da ONU son recoñecer á xuventude como actores de cambio social nun mundo a miúdo caracterizado por intolerancia, así como divisións relixiosas e culturais, involucrar á xuventude en temas como a integración social de emigrantes, sociedades máis inclusivas, identidade, diversidade, dereitos humanos, e tolerancia sociocultural arredor do mundo e invitar aos mozos e mozas a participar non só en identificar os problemas e conflitos pero tamén en promover unha atmosfera de mutuo respecto e apreciación.

http://pluralplus.unaoc.org

Coñeceremos o resultado final en outubro.

PP2014submissionFlyer