ÉXITO NA ESTREA DE PERSOAS NO CGAC DE SANTIAGO

Onte estreamos Persoas no Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC de Santiago de Compostela cun notable éxito dada a ovación final e o interese mostrado polos espectadores no posterior coloquio onde o alumnado participante na súa creación respondeu ás súas preguntas recibindo numerosos eloxios.

2

1

Grazas a todos os que acudistes a este acto tan importante para valorar o traballo colaborador de Aturuxo films – IES de Cacheiras, Chévere e o Conservatorio de Santiago.

PARABÉNS

ESTREA

Tras moitos meses de produción e traballo cooperativo de alumnado de 4º ESO e alumnado do CMUS de Santiago xa temos a curtametraxe lista para a estrea. Agora esperamos a vosa presenza para dar sentido a todo o esforzo coas vosas reaccións e valoracións.

DATAS:
MARTES 27 DE MAIO NO LOCAL SOCIOCULTURAL DA RAMALLOSA ÁS 19.00 HORAS
MÉRCORES 11 DE XUÑO NO CGAC EN SANTIAGO ÀS 20.00 HORAS

Agardamos contar coa vosa presenza
PERSOAS

GRAVACIÓN DA MÚSICA

Xa está finalizada a gravación da música composta por Sandra Galera para a curtametraxe Persoas. Realizouse no Conservatorio profesional de música de Santiago con alumnado do devandito centro e o control técnico do profesor Xosé Antonio Rodríguez. Ás guitarras Álvaro García e Arturo Juiz, nos clarinetes Teresa Jareño e Lorena Rodríguez, na percusión Pablo Fernández e ao piano Sandra Galera. Extraordinaria a profesionalidade de todos eles e a calidade das interpretacións. Agora queda integrala coas imaxes e sons da curta para culminar o traballo de meses de produción. Atentos ás datas da estrea.

Conservatorio Profesional de Música de Santiago

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela acolle con entusiasmo a invitación de Aturuxo Films para incorporarse ao seu proxecto de creación audiovisual, colaborando desde este ano na curtametraxe PERSOAS, sendo  a alumna do centro Sandra Galeras quen realice a banda sonora que interpretarán tamén alumnos do centro. Deste xeito comeza unha interesante colaboración co Instituto Cacheiras, que se enriquecerá para o vindeiro curso ca implicación no proxecto da nova materia optativa que se ofertará no centro, Música e cine. Agradecementos a Sergio Clavero pola súa iniciativa e dedicación ao proxecto, mais por todos os premios e resultados acadados cos seus alumnos/as.

Alejandra Escolante. Vicedirectora CMUS Santiago

_dsc6829 (2)

DESEÑO DO CARTEL

Cando o montaxe está na súa fase final chega o momento de pensar na exhibición. Todo o esforzo creativo na produción da curta non ten sentido se non chega aos espectadores, polo tanto, é necesario promover a súa exhibición e deseñar en primeiro lugar o cartel que visibilice a obra.  Ten que ser atractivo, dar algunha información sobre a curta e xerar expectación no espectador. Esperamos que o noso o consiga.

PERSOAS

XA TEMOS UNHA PRIMEIRA MONTAXE

1

Nos últimos días estivemos montando distintas escenas da curta que se realizou o ano pasado. Utilizamos o Adobe Premiere que é moi complexo pero enténdese moi fácil. Por conseguinte non temos case ningunha dificultade á hora de utilizalo. Para nós, a experiencia da montaxe foi enriquecedora pois aprendese moito facendo este tipo de cousas. Ademais diso, aportanos coñecementos dunha asignatura que nos gusta facer cada día que temos clase. A veces faise un pouco complexo, pero co paso do tempo, vamos sabendo que facer de forma máis rápida e así realizar o noso traballo no tempo no que se reflexa a tarea diaria de cada clase. Por último, penso que si se puidera mellorar o “hardware” dos computadores, porque chegan a ser un pouco desesperantes e molestos.

Atent@s ás novidades

EDUARDO VAAMONDE / ALEJANDRO CEPEDA

SEGUIMOS EN OBRAS

Preguntarédesvos que foi da curtametraxe durante estes meses. Este prolongado silencio non significa que estea paralizado. Estamos en plena fase de posproducción, é dicir, editando a historia a partir das imaxes e sons gravados durante a rodaxe. Trátase dun traballo intenso e complexo porque temos que conseguir narrar a mensaxe prevista no guión conseguindo emocionar aos espectadores.

ATENT@S ÁS NOVIDADES

0001n