Podes pensar que o desenvolvemento dunha curtametraxe é moi sinxelo, pero non. Para desenvolver unha curta fai falla un guión esencial, que é o que estamos a traballar o meu compañeiro Rafael e eu. Ao desenvolver este guión tivemos que poñernos no corpo dos personaxes e pensar en como serán os sentimentos , problemas e circunstancias que viviran ao longo da curtametraxe. Tivemos que crear varios argumentos do guión nos cales cambiamos, escribimos, pensamos ata que finalmente o desenvolvemos. Despois dividimos o traballo, cada un escribiu unha escea do guión, que pertence ao noso personaxe e finalmente matizámolo.
A experiencia de escribir un guión é realmente emocionante, pero ao mesmo tempo agotadora, porque tes que pensar en como expresar todo o que tes na mente (sentimentos e emocións de cada personaxe) e como introducir no guión os dialogos máis importantes que expresen as emocións dos personaxes en poucas palabras.
Nesta curtametraxe ides experimentar as distintas sensacións, sentimentos e circunstancias aos que son expostas as diferentes persoas para chegar ao que eles consideraban o mundo das oportunidades e unha vez alí para cumprir todo o que ata agora lles foi negado. O noso personaxe é unha muller que ao vivir nunha sociedade patriarcal non pode desenvolver o seu proxecto vital.

TANIA BARROS