A dirección e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela acolleron con entusiasmo a proposta de Aturuxo Films de incorporarse ao proxecto da curtametraxe que está a facer o alumnado de 4º ESO da materia optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais. Como podedes imaxinar o seu traballo vai consistir na composición, interpretación e gravación da música da banda sonora. Alumnado de 3º de grao profesional vai ser o encargado de por a emoción musical coordinados e dirixidos polo seu profesor Ramón Cabezas.
Deste xeito iniciamos unha nova aventura de colaboración entre o alumnado e o profesorado de dous centros públicos que unen as súas forzas pedagóxicas e creativas.
Agradecer de novo o entusiasmo mostrado polo proxecto e xa sabedes chic@s ¡a seguir traballando!.
SERGIO CLAVERO
Responsable de Aturuxo films