Xa temos a confirmación de que os actores e actrices do grupo de teatro Chévere van participar na curtametraxe interpretando as vidas dos nosos personaxes. Todos estamos moi ilusionados e agradecemos enormemente a súa disposición xa que seguro que imos aprender moito do seu traballo. Só esperamos achegarnos un pouco ao seu nivel.
O grupo Chévere ten actualmente a súa sede no noso Concello de Teo e xa colaborou co IES de Cacheiras noutras actividades con xenerosidade.
Moitas grazas polo voso apoio a esta experiencia educativa de formación e creación audiovisual.