XA TEMOS UNHA PRIMEIRA MONTAXE

1

Nos últimos días estivemos montando distintas escenas da curta que se realizou o ano pasado. Utilizamos o Adobe Premiere que é moi complexo pero enténdese moi fácil. Por conseguinte non temos case ningunha dificultade á hora de utilizalo. Para nós, a experiencia da montaxe foi enriquecedora pois aprendese moito facendo este tipo de cousas. Ademais diso, aportanos coñecementos dunha asignatura que nos gusta facer cada día que temos clase. A veces faise un pouco complexo, pero co paso do tempo, vamos sabendo que facer de forma máis rápida e así realizar o noso traballo no tempo no que se reflexa a tarea diaria de cada clase. Por último, penso que si se puidera mellorar o “hardware” dos computadores, porque chegan a ser un pouco desesperantes e molestos.

Atent@s ás novidades

EDUARDO VAAMONDE / ALEJANDRO CEPEDA

PRÁCTICAS FOTOGRAFÍA E EDICIÓN

Os directores de fotografía fixemos unhas pequenas curtas partindo do argumento “un alumno sae da clase correndo”. Tivemos que decidir os planos a rodar para contar a historia cunha intencionalidade, misterio, suspense, terror, humor… A finalidade do exercicio era aprender o manexo da cámara e intentar contar con imaxes e sons un argumento. Finalizada a rodaxe foi o turno dos técnicos de montaxe de cada grupo para, con ese material, dar forma a historia traballando especialmente o son. A experiencia foi divertida e moi fructífera porque axudounos a controlar máis o programa de edición e a traballar máis o son. Esperamos que cada un dos traballos  transmita as sensacións e emocións previstas.

IAGO MOSQUERA, OLALLA SUÁREZ, PABLO MUÑOZ e Fco. JAVIER MÉNDEZ

A EDICIÓN

Os técnicos de montaxe somos os encargados da fase de postprodución da curta. A fase de montaxe consta da edición da imaxe e do son gravados na fase da rodaxe. En outras palabras, somos os que lle damos sentido e vida á curta. Ata o de agora, estivemos facendo prácticas e unha primeira toma de contacto co programa de edición, para así dominar as funcións básicas e facer un bo traballo.

blog edicion

EDUARDO VAAMONDE