IAGO MOSQUERA, OLALLA SUÁREZ, PABLO MUÑOZ e Fco. JAVIER MÉNDEZ
Category Archives: FOTOGRAFÍA
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
Falando en nome de tódolos directores de fotografía noveis deste proxecto, quero explicar que é o que estamos facendo e o que estamos aprendendo.
Actualmente, mentres os respectivos guionistas e directores de cada grupo escriben o guión, nos estamos aprendendo a usar a cámara. Son cousas básicas e necesarias para poder gravar como saber utilizar un trípode, que é o balance de brancos, controlar a luz, aprender a gravar diferentes tipos de planos, controlar o enfoque e moitas outras cousas.
Para poder poner en práctica esta series de aprendizaxes, estamos a gravar fóra da aula unha serie de planos e incluso unha moi pequena curta.
Persoalmente, o que estamos aprendendo era totalmente descoñecido para min. Eu pensaba que era capaz de gravar unha curta sen saber o que era por exemplo o balance de brancos (algo que antes soábame a chino) , e que é moi importante. Penso que a nosa parte e moito mais divertida que a dun guionista ou un director, que estan na clase facendo o guión, mentres que nos podemos estar fóra gravando e aprendendo cousas novas cada día.
IAGO MOSQUERA