Pouco a pouco creamos unha idea, unha trama, un argumento, catro vidas, que diferentes compartirán un mesmo destino, o medo, pero non un medo calquera, o medo ao outro, a todo, a un mesmo.
Todo iso collémolo cunha man e na outra un papel en branco, agora vémonos diante dun guión, cheo de tachones e anotacións por todas partes, pero un guión á fin de ao cabo. É un avance, un gran paso, que fixemos entre todos, plasmando as nosas ideas sobre o papel.
E xa está? Que facemos agora? Ben, agora vén a parte complicada, onde todas esas palabras que temos cobran vida, pero xa non nos soan como antes, tan oportunas, por momentos parecen ridículas e estúpidas. Agora teremos que aprender a captar eses sentimentos que na nosa cabeza eran tan doados de encontrar.
Estará todo o que buscamos nesas lineas?
O público tendrá que dicilo.
De momento aquí tedes un pequeno anticipo do guión, o seu inicio.
RAFAEL REY