Ao día de hoxe miras os xornais, e ves como o home foise afastando pouco a pouco dos lazos que o mantiñan en pé, ves como países se derruban coas opresións dun sistema imposto, tanto no exterior, coma nesta terra, que degradada vemos como os problemas aumentan, e non só dende a perspectiva do adulto.
Como estudantes nos damos conta que nos achegamos a un panorama de desconcerto causado por uns e por outros.
Neste proxecto intentamos expresar ese nó na garganta, a falta de liberdade, pero tamén as diferenzas, incomprensións e os múltiples conflitos que presenta a sociedade e o ser humano, todo iso queremos dicir, e o máis importante é que eses problemas que se presentaron e se nos presentan, se solucionan ao aceptar a nosa igualdade absoluta como persoas, a unión xerada por nós e a nosa busca constante dun mundo mellor.
Recoñezo que é moito que dicir e dispoñemos de poucas palabras, pero se algo aprendín no medio audiovisual é que cunha imaxe xa contamos unha historia, e entregamos un concepto ao espectador, non podes contar un conto se non tes que contar nada.
Somerxémonos neste mar, temos unha tormenta, mil posibilidades de salpicar o público das nosas propias gotas, dos nosos sentimentos e emocións, espero mollarvos un pouco.
RAFAEL REY DOMECH