Con este argumento queremos contar os problemas que teñen os cidadáns dalgúns países para expresarse libremente. Para nós a liberdade de expresión é poder dicir o que pensamos ou escribir o que queremos con respecto sen que ninguén nos prohiba ou xulgue por iso.
Para nós iniciar esta aventura foi algo diferente xa que estamos acostumados a copiar e facer exercicios sen poder opinar ou traballar en grupo. Ao principio pensabamos que ía ser moi complicado desenvolver un argumento e o guión pero decatámonos que ao sentarse cun papel en branco diante e un lápis as ideas van xurdindo con facilidade.
JESSICA CEBEIRO, MARTA GÓMEZ e INÉS GÓMEZ