A curtametraxe PERSOAS foi seleccionada finalista no PLURAL + YOUTH VIDEO FESTIVAL da ONU en NEW YORK entre máis de 200 obras de todo o mundo. Os obxectivos xerais deste festival da ONU son recoñecer á xuventude como actores de cambio social nun mundo a miúdo caracterizado por intolerancia, así como divisións relixiosas e culturais, involucrar á xuventude en temas como a integración social de emigrantes, sociedades máis inclusivas, identidade, diversidade, dereitos humanos, e tolerancia sociocultural arredor do mundo e invitar aos mozos e mozas a participar non só en identificar os problemas e conflitos pero tamén en promover unha atmosfera de mutuo respecto e apreciación.
Coñeceremos o resultado final en outubro.