PERSONNE EN MARSEILLE

Como xa sabedes a nosa curtametraxe parte do mesmo argumento ca obra teatral Personne representada en Marsella en  maio polo grupo de teatro do IES Cacheiras dentro do Programa COMENIUS L´Europe en six actes. O autor teatral foi Rafael Rey, alumno de 4º ESO, que tamén participa na creación da versión cinematográfica na optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais.

A representación da obra foi todo un éxito e obtivo unhas estupendas críticas dos espectadores. Quero felicitar a tódolo equipo técnico pola súa profesionalidade e aos actores e actrices pola súa excelente interpretación.

Aquí tedes a gravación da representación de Personne en Marsella.

STORYBOARD

Un STORYBOARD é o xeito de poder pasar todos os teus pensamentos e palabras ao papel mediante debuxos e garabatos, non ten que ser un debuxo perfecto, ten que ser o necesario para poder visualizar da nada esa imaxe, ese rostro ou esa mirada. Grazas a iso á hora da rodaxe podemos ir cunha idea do que queremos facer e como o queremos facer. É un utensilio de traballo, unha ferramenta, pero unha ferramenta creada por ti mesmo, como un xogo, un xogo divertido e á súa vez serio, onde podes estenderte todo o que queiras, é crear un mundo mediante a túa imaxinación e o teu enxeño, trasmitindo esa imaxe e ese sentimento. Tes que poñerte, traballar niso, ver que formas hai de expresar eses diálogos, mediante planos, angulaciones, movementos de cámara e todas esas palabras que crean unha propia linguaxe, a linguaxe audiovisual. Non podes poñer todo o guión nun plano, tes que pensalo, meditalo para poder lévalo a cabo e así xogar coas figuras.

DSC00192 A1DSC00195A1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RAFAEL REY DOMECH, OLALLA SUAREZ LADERO, TANIA BARROS GARCIA.

LOCALIZACIÓNS

As localizacións son os lugares onde imos rodar, e dicir, os escenarios onde se desenvolven os feitos contados no guión.

Os produtores somos os encargados de buscar ditos lugares, sacarlles fotos e así ensinárllelas ao noso produtor xefe, e dicir, o profesor.

Buscar localizacións non é nada fácil xa que temos que adaptarnos a un guión previamente escrito e ten que estar o suficientemente cerca de onde vivimos como para poder desprazarnos ata eles.

O produtor de cada grupo tiña que buscar a lo menos tres localizacións acordes ao guión como por exemplo: un piso baleiro e ben iluminado, unha casa amoblada, unha praia, unha estación de tren, etc.

Por sorte a pesar do complicado que foi conseguimos encontrar case todas as localizacións e xa case estamos preparados para empezar a rodar.

Este é un anticipo.

20130221_211912 20130221_212053

 

TRABALLO EN EQUIPO

Queredes saber como traballamos no día a día? Pois ademáis do traballo de aula utilizamos o Teambox.

O Teambox é unha plataforma virtual de traballo colaborativo que utilizan moitas empresas multinacionais e tamén nós para compartir arquivos como o guión, a listaxe de sons, localizacións etc. É unha ferramenta moi útil para o noso traballo, xa que, aparte de non perder cousas, podemos traballar na casa ou donde queiramos a través de conversacións e tarefas asignadas. Isto fai que todo o proceso avance sen ter que estar na aula, como nos fins de semana, festas e vacacións. Na aula compartimos, debatimos e organizamos as tarefas.

TEAMBOX1

Pablo Muñoz Vázquez e Iago Mosquera Cereijo

CHÉVERE INTERPRETARÁ OS PERSONAXES

CHÉVERE

Xa temos a confirmación de que os actores e actrices do grupo de teatro Chévere van participar na curtametraxe interpretando as vidas dos nosos personaxes. Todos estamos moi ilusionados e agradecemos enormemente a súa disposición xa que seguro que imos aprender moito do seu traballo. Só esperamos achegarnos un pouco ao seu nivel.

O grupo Chévere ten actualmente a súa sede no noso Concello de Teo e xa colaborou co IES de Cacheiras noutras actividades con xenerosidade.

Moitas grazas polo voso apoio a esta experiencia educativa de formación e creación audiovisual.

XA TEMOS PALABRAS, SÓ FÁLTANOS DICILAS BEN ALTO

guión

Pouco a pouco creamos unha idea, unha trama, un argumento, catro vidas, que diferentes compartirán un mesmo destino, o medo, pero non un medo calquera, o medo ao outro, a todo, a un mesmo.

Todo iso collémolo cunha man e na outra un papel en branco, agora vémonos diante dun guión, cheo de tachones e anotacións por todas  partes, pero un guión á fin de ao cabo. É un avance, un gran paso, que fixemos entre todos, plasmando as nosas ideas sobre o papel.

E xa está? Que facemos agora? Ben, agora vén a parte complicada, onde todas esas palabras que temos cobran vida, pero xa non nos soan como antes, tan oportunas, por momentos parecen ridículas e estúpidas. Agora teremos que aprender a captar eses sentimentos que na nosa cabeza eran tan doados de encontrar.
Estará todo o que buscamos nesas lineas?
O público tendrá que dicilo.

De momento aquí tedes un pequeno anticipo do guión, o seu inicio.

GUIÓN

RAFAEL REY

PRÁCTICAS FOTOGRAFÍA E EDICIÓN

Os directores de fotografía fixemos unhas pequenas curtas partindo do argumento “un alumno sae da clase correndo”. Tivemos que decidir os planos a rodar para contar a historia cunha intencionalidade, misterio, suspense, terror, humor… A finalidade do exercicio era aprender o manexo da cámara e intentar contar con imaxes e sons un argumento. Finalizada a rodaxe foi o turno dos técnicos de montaxe de cada grupo para, con ese material, dar forma a historia traballando especialmente o son. A experiencia foi divertida e moi fructífera porque axudounos a controlar máis o programa de edición e a traballar máis o son. Esperamos que cada un dos traballos  transmita as sensacións e emocións previstas.

IAGO MOSQUERA, OLALLA SUÁREZ, PABLO MUÑOZ e Fco. JAVIER MÉNDEZ

O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA INCORPÓRASE AO PROXECTO

A dirección e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela acolleron con entusiasmo a proposta de Aturuxo Films de incorporarse ao proxecto da curtametraxe que está a facer o alumnado de 4º ESO da materia optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais. Como podedes imaxinar o seu traballo vai consistir na composición, interpretación e gravación da música da banda sonora. Alumnado de 3º de grao profesional vai ser o encargado de por a emoción musical coordinados e dirixidos polo seu profesor Ramón Cabezas.

Deste xeito iniciamos unha nova aventura de colaboración  entre  o alumnado e o profesorado de dous centros públicos que unen as súas forzas pedagóxicas e creativas.

Agradecer de novo o entusiasmo mostrado polo proxecto e xa sabedes chic@s ¡a seguir traballando!.

SERGIO CLAVERO

Responsable de Aturuxo films