Esta fase é moi importante porque desenvolven a idea e crean o guión. Reflexionan e debaten para seleccionar o tema e o enfoque que se vai dar ao guión a partir dos coñecementos e ideas maduradas ao longo da fase de formación e documentación . |
PRODUTOR/A |
Casting. Localizacións. Preparativos: vestiario, iluminación, atrezzo… |
DIRECTOR/A |
Desenvolvemento do guión e storyboard. |
GUIONISTA |
Desenvolvemento do guión e storyboard. |
DIRECTOR/A DE FOTOGRAFÍA |
Exercicios de cámara. Ensaios cos actores e actrices. |
TÉCNICO DE EDICIÓN |
Exercicios software de edición. |
Durante esta fase realízase un seguimento, sobre todo, do desenvolvemento do guión a través de diferentes reunións nas que se debaten novas ideas. En todos os casos os guións deben alcanzar unha forma óptima.