Contexto

O desenvolvemento das novas tecnoloxías da comunicación invade de modo crecente o noso espazo público e privado.

Neste contexto os pais están cada vez máis preocupados pola influencia que ten a televisión e internet na formación dos seus fillos polos seus contidos violentos, sexistas…ou a presenza masiva da publicidade que distorsiona a realidade e fomenta actitudes e comportamentos negativos que inflúen decisivamente nos nosos comportamentos cotiáns.

Polo tanto, é  necesaria unha alfabetización dos mozos na linguaxe audiovisual  para un uso, comprensión e comunicación axeitada coas novas tecnoloxías. Necesitamos formar espectadores críticos que non só utilizan estas tecnoloxías senón que tamén comprenden, valoran e analizan os seus contidos.

Neste contexto o IES Cacheiras decidiu hai cinco anos potenciar, dentro o seu labor docente, a formación integral do alumnado nos medios audiovisuais e nas novas tecnoloxías fomentando a creatividade como fonte para o desenvolvemento do pensamento crítico e a sensibilización en temas sociais.

A experiencia ATURUXO FILMS. CREACIÓN AUDIOVISUAL responde a estas necesidades educativas.