Esta experiencia educativa aplícase nas materias optativas aprobadas polo claustro e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria LINGUAXE AUDIOVISUAL Y MEDIOS DIXITAIS para 3º e 4º ESO e CULTURA AUDIOVISUAL en 1º de bacharelato.
Ao longo destes oito cursos apostaron por este proxecto ao redor de 400 alumnos e alumnas nas materias específicas de 3º e 4º ESO e 1º de bacharelato. Este proxecto permitiu tamén deseñar os contidos e procedementos dos bloques de contidos CONTORNOS AUDIOVISUAL Y MULTIMEDIA (3º ESO) e IMAXE Y SON (4º ESO) da materia Educación Plástica e Visual
ATURUXO FILMS permite que a creación e a experimentación sexan o eixe central do proceso ensino-aprendizaxe. Tanto a formación inicial, moi activa e participativa, coma a creación audiovisual poñen aos participantes como os principais impulsores da experiencia educativa sendo o papel do profesor o de orientar, impulsar e organizar.
1º LINGUAXE AUDIOVISUAL.
Adquisición dos contidos básicos relativos á sintaxe audiovisual.
2º ANÁLISE PUBLICITARIA.
Introdución aos mecanismos que utiliza a publicidade para conseguir a venda e o consumo dun produto. Análise de spots publicitarios. Reflexión e debate sobre a enganosa realidade que nos mostra a publicidade en televisión cunha mirada escrutadora e crítica.
3º CREACIÓN OBRA AUDIOVISUAL.
É este proceso de creación e traballo en grupo o eixe central do proxecto onde o alumnado aplica os coñecementos adquiridos sobre a linguaxe audiovisual para, a través dun traballo colaborativo, afondar nos contidos. O traballo cooperativo impulsa a resolución de problemas, planificando e organizando as actividades e o tempo de forma efectiva. Tamén aprenden a utilizar as TICs como ferramentas para crear unha mensaxe audiovisual de xeito eficaz e responsable e non como un fin en se mesmo.